CRUCIGRAMA VII
Verticais: 1. Ave palmípede da familia dos anátidos, máis pequena ca o pato, da que existen distintas especies e que podes observala no Esteiro do Miño 3. Paxaro da familia dos motacílidos, do que existen diversas especies, de cor gris ou verdosa polo lombo e branca ou amarela polo ventre, cunha cola longa que abanea con elegancia ao andar, voo lixeiramente ondulado e que vive en lugares húmidos 4. Paxaro da familia dos muscicápidos, de cor olivácea nas partes superiores, coa parte dianteira da cabeza e da gorxa e o peito rubios e ventre abrancazado. O seu nome científico é Erithacus rubecula 5. Ave da orde dos caradriformes, de peteiro longo, delgado e curvado na punta cara a baixo, patas longas, que vive na beiramar e en xeral en lugares húmidos e se alimenta principalmente de miñocas, moluscos e insectos, da que existen varias especies 9. Ave da familia dos láridos, mariña e cosmopolita, de tamaño medio, ás longas, patas palmadas, plumaxe xeralmente de cor gris na parte superior das ás e, no lombo e no resto do corpo, branca, da que existen varias especies e que abundan no noso pob, causando algún que outro dano nos tellados das casas.
Horizontais: 2. Ave limícola de plumaxe gris ou parda na parte superior e xeralmente branca na parte inferior, de patas curtas e ás rematadas en punta, da que existen diversas especies e que ANABAN está a facer unha campaña de aniñamento nos areais preto da praia do Muíño 6. Ave da familia dos fasiánidos, de cor acastañada cunha mancha branca e moura na gorxa a xeito de colar no macho, e de cor máis apagada con pencas escuras no peito e sen colar na femia. Ten por nome cientíco Coturnix coturnix 7. Ave rapaz nocturna da familia dos estríxidos, de cor parda polo dorso e máis clara con riscos verticais escuros nas partes inferiores, ollos grandes, dous feixiños de plumas erguidas na cabeza a modo de orellas, da que existen varias especies 8. Paxaro da familia dos hirundínidos, coa parte superior de cor negra azulada, a inferior branca e a testa e a gorxa vermellas, ás rematadas en punta e cola gallada e que forma parte dunha canción de Xoan Pardo 10. Ave insectívora da familia dos páridos, de peteiro fino e do tamaño do gorrión da que existen varias especies. O seu cando dise que anuncia a choiva 11. Ave da familia dos cucúlidos, de cor cinsenta nas partes superiores e o pescozo e abrancazada con bandas grises nas inferiores, coa cola máis escura, que se caracteriza polo seu canto, contendo o seu nome 12. Paxaro da familia dos frinxílidos coa plumaxe de tons pardos, co peito e a testa encarnados durante a época estival nos machos. tamén se coñece como nabiñeiro 13. Ave da familia dos colúmbidos, de cor gris cinsenta, coas patas e o peito granates, pintas brancas nas ás e no pescozo e no extremo do rabo unha ancha banda negra. Ten por nome científico Columba palumbus 14. Paxaro da orde dos paseriformes, moi común, de pequeno tamaño, con plumas pardas raiadas de escuro e peteiro curto e curvo, que se alimenta de grans, sementes, insectos etc., e do que existen varias especies. Tamén se coñece como gorrión.
0 comentarios