CRUCIGRAMA IX
VERTICAIS: 1. Froito da figueira, moi brando e doce, de pel fina e carne chea de sementes miúdas 2. Froito arredondado que ten a pel aveludada, de cor amarela tirando a vermella ou verde abrancazada, a carne doce e unha carabuña oval, dura e engurrada 5. Froito comestible da ameixeira, de pel lisa e polpa consistente apegada á carabuña, con moito zume, e que, segundo as variedades, pode ter forma redonda ou oval e cor amarela, morada etc. 6. Froito do framboeseiro 11. Froito da cerdeira, de forma arredondada, con carabuña, aproximadamente de dous centímetros de diámetro e de cor vermella, que está unido á árbore por un rabo delgado e longo.
HORIZONTAIS: 3. Froito comestible da pereira, de tamaño e forma variable segundo a caste 4. Froito da silva, de forma redonda e constituído por pequenos grans que cando están maduros son de cor negra 7. Froito típico do Rosal, coma unha ameixa de tamaño pequeno e de cor amarela, recuberta en ocasións dunha pequena pel comestible de aspecto ceroso 8. Froito comestible desta planta, de forma ovoide, coa pel de cor marrón cuberta de peluxe, carne de cor verde con pebidas negras moi pequenas e sabor agridoce 9. Froito do Cydonia vulgaris, de coramarelo, voluminoso, de polpa áspera e recendente, moi empregado en confeitaría para a elaboración de doces ou marmelada 10. Froito da amorodeira 12. Froito da nespereira, de forma ovada ou arredondada e cor alaranxada, con pebidas grandes e lisas 13. Froito da guindeira, moi parecido á cereixa, pero de sabor máis amargo e de cor vermella escura 14. Froito da arandeira.
0 comentarios