PROBLEMAS ILUSTRADOS V
Onte propúxenvos un desafío de altos voos. Era o seguinte:
Sara quere ir de Madrid a Tokio. Para iso, voa primeiro a Nova York onde colle un avión ata Londres e, desde aquí, outro a Tokio.
Pablo tamén quere ir desde Madrid a Tokio pero, no seu caso, voa directamente de Madrid a Londres e, desde alí, toma un voo a Tokio.
Se, en total, Sara está a voar durante 27 horas e 15 minutos e Pablo 14 horas e 30 minutos, e tendo en conta que o voo de Nova York a Londres dura 4 horas e 45 minutos máis que o de Madrid a Londres, e que o voo de Londres a Tokio dura 12 horas, canto dura o voo de Madrid a Nova York?
E se, en cada escala, tanto Sara como Pablo só perden unha hora, cal é a hora local cando chegue a Tokio cada un se ambos partiron de Madrid ás 14:00 h?
Esta é a solución:
27:15
M NY M-L + 4:45 L 12:00
ML L 12:00 T
14:30
O voo Madrid-Londres dura 2:30 h. O de Nova York a Londres 2:30 + 4:45 = 7:15 horas. E o voo Madrid-Nova York 27:15 – 12-7:15 = 8:00 horas.
Se Sara sae ás 2 pm de Madrid entón: 2pm + 8 horas – 6 horas (a diferenza horaria) + 1 hora (no aeroporto de NY) + 7:15 horas + 5 horas (a diferenza horaria) + 1 hora + 12 horas + 8 horas (a diferenza horaria)= 02:15 am do día 3.
No caso de Pablo: 2 pm + 2:30 horas – 1 hora (a diferenza horaria) + 1 hora + 12 horas + 8 horas (diferenza horaria)= 12:30 pm do día 2.
4. Apoiándote nos debuxos a esta complexa e xerogífica cuestión: UN CÁSICO ENTRE OS MATEMÁTICOS
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Miguel Barral/bbvaopenmind.com Imaxe: martinova4/Getty Images
0 comentarios