O ENIGMA DAS SETE PONTES DE KÖNIGSBERG (FIN)
Aquí tes a solución ao enigma das sete pontes de Königsberg do último día.
Foi nada menos que o matemático e físico suízo Leonhard Euler (1707-1783), considerado por moitos como o principal matemático do século XVIII e un dos máis grandes e prolíficos de todos os tempos, quen deu a resposta.
E, aínda que esta foi, e segue sendo, negativa, pois non había un roteiro con esas características, a súa resolución deu orixe á teoría de grafos, un campo de estudos das matemáticas e as ciencias da comunicación.
Euler determinou, no contexto do problema, que os puntos intermedios dun percorrido posible necesariamente han de estar conectados a un número par de liñas. En efecto, se chegamos a un punto desde algunha liña, entón o único modo de saír dese punto é por unha liña diferente. Isto significa que tanto o punto inicial como o final serían os únicos que poderían estar conectados cun número impar de liñas. Con todo, o requisito adicional do problema di que o punto inicial debe ser igual ao final, polo que non podería existir ningún punto conectado cun número impar de liñas.
En particular, como neste diagrama os catro puntos posúen un número impar de liñas incidentes (tres deles inciden en tres liñas, e o restante incide en cinco), entón conclúese que é imposible definir un camiño coas características buscadas que son as 7 pontes de Königsberg.
Asi remato esta serie de enigmas. Ata a próxima serie!
FONTE: bbc.com/mundo e es.wikipedia.org
0 comentarios