Blogia
vgomez

NAYAR, UN SATÉLITE QUE BRILLA COMO A LÚA CHEA

El satélite Mayak

O satélite Mayak / CosmoMayak

O pasado 14 de xullo, un foguete Soyuz-2 partía desde o Cosmódromo de Baikonur en Kazajistán con máis de setenta artefactos a bordo. Entre eles destaca un CubeSat do tamaño dun balón de rugby chamado Mayak ("faro", en ruso). Está destinado ao estudo doutros satélites, e vai despregar uns reflectores solares que o converterán na "estrela" máis brillante do ceo, case tanto como a Lúa chea. Mesmo podería verse durante o día.

O satélite iluminará a outros para calcular a súa magnitude aparente, é dicir, o seu brillo tal e como se ve desde a Terra. Cando termine a súa vida útil, encartará as súas velas e servirá para probar un novo sistema de freado aerodinámico para modificar a órbita dos satélites sen utilizar un motor.

Con este fin, o satélite está configurado para despregar un gran reflector en forma de pirámide de tres metros de altura feito dunha membrana metalizada reflectora de só 5 micrómetros de espesor, 20 veces máis delgado que o cabelo humano. Suponse que será facilmente visible desde a Terra durante a noite.

Só queda esperar a que Mayak faga o despregamento o seu reflector e fáganos unha chiscadela desde o ceo.

FONTE: Xornala abc/ciencia

0 comentarios