Facebook Twitter Google +1     Admin

A VOLTA CICLISTA A ESPAÑA 2017

Publicado: 18/08/2017 08:08 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20170804121349-la-vuelta-a-espana-2017-es-la-protagonista-en-pedaladas.jpg

 

Mañá, día 19 de agosto, comeza a 72ª Volta a España 2017 que se disputará ata o domingo 10 de setembro,  cun percorrido total de ao redor de 3.297,7 quilómetros.

Comezará, por terceira vez na súa historia, desde o estranxeiro, concretamente dende a cidade francesa de Nîmes, e dúas etapas disputaranse integramente en territorio galo. Tamén pasará por Andorra, que acollerá unha chegada e unha saída de etapa.

Constará de 21 etapas, das que 5 etapas serán chairas, 1 chaira con final no alto, 8 etapas de media montaña, 5 etapas de montaña, 1 etapa de contrarreloxo por equipos e 1 etapa de contrarreloxo individual.

Participarán os dezaoito equipos UCI World Teams e 4 equipos invitados pola organización, que fan un total de 22 equipos e 198 corredores, entre os que se atopan Froome, Contador, Aru, Nibali, Bardet, Yates, Chaves e Barguil.

Para seguila e ter toda a información día a día, preme AQUÍ.

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.