CAL SE ENCHE PRIMEIRO?
Que tanque encheríase primeiro?
Para responder acertadamente a este problema hai que partir dun principio da mecánica de fluídos, a lei dos vasos comunicantes. Segundo ese principio, "o líquido de dous recipientes conectados sempre se vai a manter á mesma altura, independentemente do percorrido que teña que facer". Dito doutra aneira, cando dous recipientes están unidos por un tubo, o líquido nivelarase entre eles ata estar á mesma altura, independentemente do tamaño dos recipientes.
O detalle anterior é moi importante. Os dous recipientes non terán a mesma cantidade de auga, senón que o líquido nivelarase ata a mesma altura. Desta maneira, se os recipientes están colocados a diferentes alturas, a auga alcanzará un nivel distinto en cada recipiente conectado, pero seguirá nivelada.
A partir de aquí, só hai que deixar que a gravidade faga das súas.
A pensar!
FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/Xornal El País
0 comentarios