HOXE, DÍA 21 DE AGOSTO, PESAREMOS MENOS E VEREMOS UNHA ECLIPSE PARCIAL DE SOL
O peso é a forza resultante cando a gravidade interactúa coa masa. Aínda que na linguaxe coloquial peso e masa sexan o mesmo, para os científicos non é así, e por iso a masa mídese en quilogramos e o peso en newtons.
Hoxe, 21 de agosto, a gravidade e, polo tanto, o peso, sufrirán cambios bastantes rechamantes no planeta Terra. Como ocorre cada 28 días, haberá unha Lúa nova (fase na que non reflicte a luz da estrela e por iso non resulta visible), e o satélite interpoñerase entre o Sol e a Terra. Por iso, tanto o Sol como a Lúa tirarán coa súa gravidade (máis ou menos na mesma dirección) da superficie do planeta Terra, e reducirán un pouco o peso da parte do planeta situada máis preto. Un dos efectos é que ocorrerá unha marea viva, que é aquela en a que máis se nota o efecto da Lúa sobre o movemento do mar.
A Lúa nova non se adoita ver desde a Terra, pero dous ou tres veces ao ano interponse entre o Sol e o planeta (porque entra no plano no que o Sol parece moverse en relación connosco) e causa eclipses solares. Hoxe ocorrerá algo excepcional, porque aparecerá unha Lúa negra (que ocorre cando un ano ten 13 Lúas novas). Esta interpoñerase entre o Sol e o planeta e causará unha eclipse solar total que será visible nunha franxa de 10 quilómetros de ancho en Estados Unidos (na nosa localidade a eclipse solar será parcial, tendo o seu máximo sobre as 21:20 horas).
Eclipse de Sol / Imaxe:huffingtonpost.es
Se hoxe medísemos a forza que exerce a gravidade sobre unha persoa de 80 quilogramos de masa, situada nunha liña imaxinaria baixo o Sol e a Lúa, a Lei da Gravidade de Newton di que a Terra exercería 784,1 newtons, mentres que a Lúa e o Sol "tirarían" en dirección contraria cunha forza de 0,0029 e 0,4633 newtons. Ademais, habería que ter en conta a rotación da Terra, posto que esta produce unha forza centífuga. Segundo a NASA, o resultado final será que unha persoa de 80 quilogramos sentirá uns 48,2 gramos máis lixeira.
Ademais, na liña formada polo Sol e a Terra, a capa máis externa da cortiza do planeta elevarase aproximadamente 40 milímetros, máis ou menos.
FONTE: Xornal abc/ciencia
0 comentarios