Blogia
vgomez

UN BOSQUE COMPOSTO POR UNHA SOA ÁRBORE

UN BOSQUE COMPOSTO POR UNHA SOA ÁRBORE

Thimmamma Marrimanu / Imaxe: lasexta.com

Este particular bosque que observades na fotografía, e que cobre máis de 19.000 m2, atópase nunha rexión do estado indio de Andhra Pradesh, ao leste da reserva forestal de Kadiri. O curioso é que esta masa boscosa está composta única e exclusivamente por unha soa árbore.

A árbore coñécese como Thimmamma Marrimanu e pertence aos chamados banianos ou figueiras de Bengala (ficus benghalensis), unha especie endémica de Bangladés, India e Sri Lanka.

Os banianos, que tamén inclúen outras especies, son árbores que se desenvolven de maneira non convencional: de arriba a abaixo. As sementes germinan nas gretas da cortiza doutra árbore, medrando ata que as raíces aéreas forman un pseudotronco que acaba por devorar ao árbore hóspede e expandíndose aos poucos ata crear unha amálgama de ramas e troncos incrible. En si, o árbore hóspede acaba os seus días asfixiado polo baniano. As ramas, que se estenden de forma horizontal crean á súa vez novas raíces aéreas que, por mor da gravidade, acaban tocando terra e formando novos troncos suplementarios.

Ver para crer!

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

0 comentarios