UNHA NOVA ESPECIE INVASORA NO MAR PRETO DE NÓS
Styela plicata / Imaxe: sealifebase.org
O sector mexilloeiro e ostreiro de Portugal está en alerta tras os achados do Instituto Português do Mar e da Atmosfera (IPMA), responsable, entre outras materias, de investigar as augas do país, dunha especie invasora que supón unha ameaza para estes cultivos, polo que tamén pon en alerta a costa galega debido á súa rápida proliferación e á posibilidade de que chegue adherida aos buques. Trátase da Styela Plicata, unha especie que compite directamente co alimento dos mexillóns.
A Styela plicata (Alexandre Lesueur, 1823) é unha especie bentónica (que vive no fondo dos ecosistemas acuáticos) que se engloba dentro do tipo de animais denominados ascidias. Trátase dun animal resistente capaz de soportar tanto grandes cambios de temperatura como de salinidade na auga, así como a contaminación.
A Styela plicata é coñecido tamén por chorro de mar, xa que cando esta físicamente perturbado expulsa auga. A súa clasificación científica sería
Reino: Animal Clase: Cordados
Filo: Ascidiacea Orde: Pleurogona
Familia: Styelidae Xenero: Styela
A Styela plicata é un organismo hermafrodita protándrico, é dicir primeiro é macho e desposi femia. É un filtro de suspensión que se alimenta principalmente de fitoplancto, zooplancton e materiais orgánicos.
Segundo cita o Compendio de Especies Invasoras (ISC), a especie só foi vista en Europa ata a data en Italia, Grecia, Azores e Reino Unido. A súa orixe está situado na costa este de Estados Unidos e o Caribe e é considerada unha praga no Golfo de México. Con todo, xa se atopou no mar Mediterráneo, Australia, a costa este de Sudamérica, Xapón, Hong Kong, o océano Índico ou a costa oeste de EE UU.
Desde Portugal explicaron á súa vez de que a especie exótica non ten un efecto negativo sobre a saúde humana, polo que as súas consecuencias cínguense sobre todo á produción de bivalvos e moluscos.
FONTE: Xornal Faro de Vigo e iucngisd.org
0 comentarios