Blogia
vgomez

HOUBO DINOSARAURIOS XIGANTES ANTES DO CRETÁCICO

Silueta de Kayentapus ambrokholohali. Al menos llegaba a los nueve metros de altura y 12 de largo

Silueta do Kayentapus ambrokholohali / Fabien Knoll e Lara Sciscio

Un equipo internacional de paleontólogos atopou pegadas dunha criatura que viviu na actual África meridional hai uns 200 millóns de anos. Trátase de Kayentapus ambrokholohali, unha nova especie presentada recentemente en PLOS ONE e que está representada por un dinosauro de nove metros de altura que pertencía ao temible grupo do Tyrannosaurus rex: o dos megaterópodos, criaturas inmensas que se alimentaban de carne e que camiñaban sobre dúas patas. Por iso tamén se lles coñece como «megacarnívoros».

A nova especie foi descuberta grazas ao traballo dun equipo de científicos da Universidade de Mánchester (Reino Unido), de Cidade do Cabo (Sudáfrica) e de San Pablo (Brasil) ao redor dunhas das maiores pegadas descubertas en África. Lembran moito ás dun ave actual pero cun tamaño xigantesco. Están formadas por tres dedos e miden uns 57 centímetros de longo e 50 de ancho. Segundo os cálculos dos paleontólogos, pertencían a un animal de 9 metros de alto e 12 de longo.

Os investigadores están convencidos de que as pegadas remóntanse ao Xurásico temperán, nunha era en que a maioría dos terópodos eran moito máis pequenos que Kayentapus ambrokholohali: de feito, apenas adoitaban medir entre tres e cinco metros de longo. Pero xa ao final do Xurásico e ao comezo do Cretácico, hai uns 145 millóns de anos, apareceron os grandes terópodos, como o famoso T. Rex.

"Este descubrimento marca a primeira aparición dun carnívoro moi grande a comezos do Xurásico en Gondwana, o gran continente que despois se fragmentó e deu lugar a África e a outra masas de terra. Isto converte ao achado en algo significativo", dixo a investigadora da Universidade da Cidade do Cabo e coautora do estudo. De feito, segundo engadiu, "só hai un exemplo comparable en idade cunhas pegadas dese tamaño, pero este foi atopado en Polonia".

As pegadas foron atopadas na antiga superficie dun lago, (no que se adoita coñecer como paleosuperficie), no distrito de Maseru (Lesoto). Ao redor das pegadas atopáronse restos de gretas de desecación e marcas de correntes que indican a pretérita presenza de auga

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios