Blogia
vgomez

GLOBAL MUIÑEIRA

 

A cadea de supermercados Gadis, que volve apelar ao sentimento identitario da comunidade cunha película de case catro minutos de duración coa que dous irmáns loitan durante toda a súa vida por facer da muiñeira o baile de moda en todo o mundo.

Os dous protagonistas son uns talentosos artistas que desde pequenos teñen gravada a palabra "teimudo" nas súas cabezas grazas ao seu pai. Con esa insistencia tratan de bailar muiñeira nun mundo onde esta danza queda relegada fóra dos espazos "mainstream". É grazas á axuda dun compañeiro de Erasmus, convertido en afamado deseñador, que a muiñeira chega ás televisións de todo o mundo.

A colección "Por se morremos" chega á New York Fashion Week con deseños inspirados na danza tradicional galega, gaitas e decoración con polbos e hórreos. A muiñeira convértese, por fin, nun baile global.

A cadea galega segue o ronsel de anuncios con aspecto de película, como os que xa rodou con cans de raza palleira e que converteron ao animal autóctono nun dos máis demandados. Veremos se, como pasou co famoso can "Allo", a muiñeira tamén pasa a ser o baile de moda.

Polo menos, esa é a intención da páxina, na que se alenta aos usuarios para levar a muiñeira por todo o mundo.

FONTE: Xornal Faro de Vigo

0 comentarios