Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS XVII

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS XVII

Panicilina / Imaxe: quieninvento.org

A resposta á pregunta do día anterior é MILITARES. Internet defínese como unha rede informática mundial e descentralizada formada pola conexión directa entre computadoras mediante un protocolo de comunicación determinado. Así, durante os anos da Guerra Fría, o Ministerio de defensa de EEUU encargou un proxecto que pretendía conectar diferentes bases informatizadas do país de maneira directa, para mellorar a seguridade fronte a un posible ataque. Así naceu ARPANET, a rede de comunicacións precursora do internet que usamos hoxe en día.

E imos coa pregunta de hoxe...

17.  Fleming descubriu a Penicilina en 1928. Cal foi o resultado cando se tratou o primeiro paciente con penicilina?

- Morreu

- Sobreviviu

- Mellorou pero non conseguiu sobrevivir

- Sobreviviu aínda que con secuelas

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: nationalgeographic.com.es

0 comentarios