CANTO SABES DE CIENCIAS DA NATUREZA V

División Celular / Imaxe: cienciasnaturalescnp.blogspot.com.es
A resposta á pregunta do día anterior é CONDENSACIÓN. A condensación é o proceso físico que consiste no paso dunha substancia en forma gasosa á forma líquida. É o proceso inverso á vaporización. Aínda que o paso de gas a líquido depende, entre outros factores, da presión e da temperatura, xeralmente coñécese como condensación ao tránsito que se produce a presións próximas á ambiental. Cando se emprega unha sobrepresión elevada para forzar esta transición, o proceso pasa a denominarse licuación.
E imos coa pregunta de hoxe...
5. Como se chama o proceso polo que unha célula se divide para formar dúas células fillas? Fíxate na imaxe superior
- Meiose
- Segregación
- Mitose
Maná a solución e unha nova proposta.
0 comentarios