Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? XII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é O xardín das delicias. Hieronymus Bosch, latinizado como Bosco e tamén coñecido como Jeroen Bosch ou polo nome real Jeroen van Aken, nado en ’s-Hertogenbosch contra 1450 e finado en ’s-Hertogenbosch en agosto de 1516, foi un prolífico pintor neerlandés que entre outras obras, pintou a que se refire a pregunta en cuestión: O xardín das delicias. unha pintura realizada en óleo sobre madeira, estruturado en forma de tríptico (que era un formato frecuentemente empregado polos pintores entre comezos do século XV ata o XVII no norte de Europa). O traballo pódese ler cronoloxicamente: os paneis exteriores amosan a creación do mundo; o panel da esquerda describiría a unión, dirixida por Deus que toma a forma de Cristo, de Adán e Eva no Paraíso: o panel central representaría unha humanidade pecaminosa antes do Dioivo; e o panel dereito, ofrecería a visión do Inferno onde os pecadores están a sufrir as dores da tortura.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Século de comezo do Renacemento?

- XIII

- XIV

- XV

- XVI

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, buhosdeatenas.blogspot.com e es.wikipedia.org      Imaxe: gl.wikipedia.org

0 comentarios