A AUGA DA LÚA ATÓPASE EN TODAS PARTES E A TODAS HORAS
Unha nova análise de datos de dúas misións lunares atopou evidencias de que a auga da Lúa está amplamente distribuída na superficie e non confinada a unha rexión ou tipo de terreo en particular, como se cría ata agora. Ademais, a auga parece estar presente día e noite, aínda que iso non significa que sexa necesariamente de fácil acceso.
Os achados poderían axudar aos investigadores para comprender o orixe da auga no noso satélite natural, algo que aínda resulta un misterio, e a outra cuestión importante: se futuras colonos humanos poderían utilizar como recurso con facilidade. Se resulta que a Lúa ten suficiente auga, e se é razoablemente conveniente acceder á mesma, os futuros exploradores poderían usala como auga potable ou convertela en hidróxeno e osíxeno para o combustible dos foguetes ou para respirar.
O resultados do novo estudo, publicado, na revista "Nature Geoscience" , contradin algúns estudos anteriores, que suxerían que hai máis auga nas latitudes polares da Lúa e que a forza do sinal de auga aumenta e diminúe segundo o día lunar (que dura 29,5 días terrestres). Tomando isto en conxunto, algúns investigadores propuxeron que as moléculas de auga poden «saltar» a través da superficie lunar ata que entran en trampas frías nos alcances escuros dos cráteres preto dos polos norte e sur. En ciencia planetaria, unha trampa fría é unha rexión tan fría, que o vapor de auga e outros volátiles que entran en contacto coa superficie permanecen estables durante un período de tempo prolongado, mesmo ata varios miles de millóns de anos.
Os debates continúan debido ás sutilezas de como se logrou a detección ata o momento. A evidencia principal provén de instrumentos de detección remota que mediron a forza da luz solar reflectida na superficie lunar. Cando hai auga presente, instrumentos como estes recollen unha pegada dactilar espectral a lonxitudes de onda próximas aos 3 micrómetros, que se atopa máis aló da luz visible e no ámbito da radiación infravermella.
Pero a superficie da Lúa tamén pode quentarse o suficiente como para «brillar» ou emitir a súa propia luz na rexión infravermella do espectro. O desafío é desenredar esta mestura de luz reflectida e emitida. Para iso, os investigadores deben ter información de temperatura moi precisa.
O equipo investigador presentou unha nova forma de incorporar información de temperatura, creando un modelo detallado a partir das medicións realizadas polo instrumento Diviner no Orbitador de Recoñecemento Lunar da NASA (LRO). O equipo aplicou este modelo de temperatura aos datos recompilados anteriormente por Moon Mineralogy Mapper, un espectrómetro visible e infravermello que o JPL da NASA en Pasadena, California, proporcionou para o orbitador Chandrayaan-1 da India.
O novo achado de auga xeneralizada e relativamente inmóbil suxire que pode estar presente principalmente como OH, un «parente» máis reactivo do H2O, que está composto dun átomo de osíxeno e un átomo de hidróxeno. OH, tamén chamado hidroxilo, non se mantén por si só por moito tempo, preferindo atacar moléculas ou adherirse químicamente a elas. Por tanto, o Hydroxyl debe extraerse dos minerais para poder ser utilizado.
A investigación tamén suxire que calquera H2O presente na Lúa non está debilmente unido á superficie.
Clasificar o que sucede na Lúa tamén podería axudar aos investigadores para comprender as fontes de auga e o seu almacenamento a longo prazo noutros corpos rochosos en todo o sistema solar. Os investigadores aínda están a discutir que lles din os achados sobre a fonte da auga da Lúa. Os resultados apuntan a que OH e / ou H2O son creados polo vento solar que golpea a superficie lunar, aínda que o equipo non descarta que OH e / ou H2O puidesen provir da Lúa mesma, liberada lentamente desde minerais do interior profundo onde estivo bloqueada desde que se formou a Lúa.
FONTE:Xornal abc/ciencia
0 comentarios