Blogia
vgomez

CINE: "MARÍA MAGDALENA"

 

Nesta semana, previa á da Semana Santa, chega aos cines a película “MARÍA MAGDALENA”,   un fermoso retrato do último tramo da vida de Xesús a través da mirada da súa fervente construída a partir dalgúns textos evangélicos apócrifos gnósticos, como o chamado Evanxeo copto de Tomás, que a mostra como unha máis entre os apóstolos, presente mesmo na Última Cea, á dereita de Jesús. Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: Mary Magdalene

País: Reino Unido

Ano: 2018

Duración: 120 min

Xénero: Drama

Distribuidora:Universal Pictures International Spain

Produtora:  Film4, Porchlight Films, See-Saw Films, Universal Pictures International Production (UPIP)

Director:Garth Davis

Guión: Helen Edmundson e Philippa Goslett

Fotografía: Greig Fraser

Música:Hildur Guðnadóttir e Jóhann Jóhannsson

 Reparto: Rooney Mara, Joaquín Phoenix, Chiwetel Ejiofor, Ariane Labed, Tahar Rahim, Hadas Yaron, Uri Gavriel, Zohar Shtrauss, Michael Moshonov e Lubna Azabal

 Sinopse: A película narra a historia dunha moza nunha familia de pescadores que non acepta un matrimonio forzado e escapa para unirse ao grupo de Xesús, que viaxa camiño a Xerusalén anunciando o Reino de Deus. María convértese nunha das súas máis importantes discípulas e a súa especial sensibilidade permítelle entender a Xesús moito mellor que outros discípulos, mesmo que Pedro ao que se mostra receloso da proximidade de ambos.

Un retrato orixinal e feminista do apóstol dos apóstoles! 


0 comentarios