APRENDER A VIVIR O PRESENTE
Álvaro Neil, coñecido como "Biciclown", foi avogado tempo atrás. Un día, decidiu cambiar a cadeira de brazos dunha notaría polo sillín dunha bicicleta. E fois percorrer o mundo sobre rodas. Durante trece anos, percorreu pedaleando máis de 200 mil quilómetros e 117 países. Saboreou a liberdade, aprendeu o valor do inmaterial e coñeceu a persoas que lle ensinaron a importancia da solidariedade. “Viaxar é o mellor antídoto contra o racismo”, afirma. ‘Pallaso de corazón’, así se define, decidiu ofrecer o seu espectáculo de ‘clown’ alí onde máis necesario era o humor: en centros de refuxiados, cárceres, hospicios. Afirma que a súa misión na vida é ensinar a outros a gozar máis do presente, porque para el “é o mellor país que existe”. Emotivo, inspirador e cheo de humor, agora volveu para lanzar unha mensaxe esencial: “Alguén sabe canto tempo vai vivir?”. E engade: “Todos temos data de caducidade, igual que os iogures”. Álvaro Neil produciu cinco documentais e é autor de seis libros. Cando emprendeu a súa viaxe, moitos pensaron que estaba tolo. El responde con seguridade: “Non creo que sexa unha tolemia perseguir os teus soños. A tolemia é que se che pase a vida sen vivilos”.
0 comentarios