O INTERSTICIO: NOVO ÓRGANO DO CORPO HUMANO
A ilustración amosa o intersticio baixo a capa superior da pel / Jill Gregory/rpp.pe
Científicos de Escola Universitaria de Medicina de Nova York (EE. UU.) atoparon un novo órgano no corpo humano. Trátase do chamado «intersticio». É unha rede de tecidos de conexión recheos de líquido que están situados baixo a pel e que recubren a outros moitos órganos.
Ata agora pasara desapercibido porque as técnicas de observación anatómica, que se centran en fixar as mostras dos tecidos con produtos químicos, non permitían observalo. En xeral, falábase dun espazo intersticial, situado entre as células, pero non dun órgano en si. Segundo un artigo publicado en Scientific Reports, o intersticio ten unha gran importancia para o funcionamento de todos os órganos e o comportamento da maioría das enfermidades importantes. Entre estas, destaca o cancro, porque en ocasións pode propagarse a través desta rede.
O intersticio está situado baixo a pel e recubre polo menos o sistema dixestivo, o sistema excretor, os pulmóns, as arterias, as veas e os paquetes de células das fibras musculares. Deste xeito, todos eles quedan interconectados por un sistema de compartimentos de líquido.
O intersticio resulta ser un dos maiores órganos do corpo humano, xunto á pel. Está composto por unha estrutura de coláxeno e elastina, dúas proteínas que lle dan forza e elasticidade, respectivamente. Ambas forman un "andamio" que está recheo de líquido, e o resultado é que o órgano funciona como un amortiguador para os movementos das vísceras, músculos e vasos sanguíneos, que se producen como consecuencia do bombeo do sangue ou do movemento natural do corpo. Ademais, as células que forman o intersticio producen unha porción do líquido que alimenta ao sistema linfático, unha parte do sistema circulatorio que se encarga de transportar a linfa, e que é fundamental para drenar os líquidos corporais, o funcionamento do sistema inmunitario en xeral e a resposta da inflamación en particular.
Do mesmo xeito que pasa no resto do organismo, o envellecemento deteriora ao intersticio. Cando iso ocorre, os investigadores explicaron que perde capacidade de producir coláxeno e elastina e que iso contribúe a que a pel se engurre, os membros tórnense ríxidos e que certas enfermidades avancen.
Ata agora, a anatomía contaba coa existencia do líquido intersticial, unha porción de fluído situado entre as células, pero non cun órgano intersticial en si mesmo. Á parte deste líquido, as outras fontes de fluídos do corpo están dentro das células, no sistema circulatorio (corazón, veas, arterias, capilares, etc) e nos vasos linfáticos.
FONTE: Xornal abc/ciencia
0 comentarios