CERTAME UNDERWATER PHOTOGRAPHER OF THE YEAR 2018
O certame Underwater Photographer of the Year móstranos cada ano os gañadores de fotografía submarina, cuxas imaxes amosan unha variedade de vida silvestre, ambientes e delicias arqueolóxicas que podemos atopar debaixo das ondas. Cada ano participan no concurso máis de 5.000 fotógrafos submarinos procedentes de todos os recunchos do mundo, incluídos China, Europa, EE. UU. e Bermudas.
En 2018 o gran premio foi outorgado ao fotógrafo alemán Tobias Friedrich pola súa impactante imaxe "Cycle War", que mostra un naufraxio cheo de motocicletas mergulladas da Segunda Guerra Mundial e camións de subministracións, con escolas de soldados patrullando por encima. "Tivera esta imaxe en mente durante algúns anos, pero é imposible capturala nunha soa foto porque non hai espazo dentro do pecio para fotografar esta escena nun só cadro", explicou Friedrich. "A miña solución foi tomar unha serie de imaxes e unilas como unha panorámica".
O certame cobre unha serie de categorías de fotografía submarina que inclúen: Macro, Pecios, Comportamento, Retrato, Branco e negro, Compacto ou Gran angular.
Se queres coñecer as fotografías gañadoras preme AQUÍ.
FONTE: underwaterphotographeroftheyear.com e Revista Muy Interasnte/Sarah Romero
0 comentarios