Blogia
vgomez

DARWIN, PASIÓN POLOS PERCEBES

4_darwin

Mostras de percebes e a lista manuscrita de Darwin / Imaxe: Museo de Historia Natural de Dinamarca.

Despois cinco anos de observación científica a bordo do Beagle, Charles Darwin chega en 1836 a Inglaterra coas ideas que máis adiante o converterían nun dos científicos máis recoñecidos da historia: a transmutación das especies e a evolución por selección natural. Pero cando rematou de escribir os cadernos de viaxe, Darwin decidiu non seguir desenvolvendo esas grandes ideas, senón dedicarse a unha das súas verdadeiras paixóns: os percebes.

Este hobby non era novo; xa no seu período universitario Darwin deixou de lado as lecturas de medicina para envorcarse no estudo dos invertebrados mariños. Pero nesta ocasión dedicouse de forma exclusiva aos crustáceos cirrípedos: durante oito anos, de 1846 a 1854, cada día diseccionaba, clasificaba e escribía sobre diferentes especies de percebes. 

Aínda que se adoita falar desta etapa como unha distracción do seu traballo, o certo é que os catro libros que publicou sobre esta temática convertérono nunha figura moi reputada na comunidade zoológica británica. Ademais, esta investigación foi unha compoñente clave para a elaboración da orixe das especies. Estudar con tal profundidade un grupo de organismos, tanto na súa forma viva como fosilizada, permitiulle observar e entender como a diversidade dunha mesma especie desenvolveuse ao longo do tempo.

FONTE: A outra cara de Darwin/elpais.es/ciencia

0 comentarios