Blogia
vgomez

O SONO E O RENDIMENTO ESCOLAR



De Juan Antonio Madrid ben podería dicirse que é un “reloxeiro do sono humano” e un dos investigadores con maior produción científica a nivel mundial no campo dos “ritmos  circadianos". Catedrático de Fisioloxía e Especialista en Cronobioloxía pola Universidade Pierre e Marie Curie de París, Juan Antonio Madrid dirixe actualmente o Laboratorio de  Cronobioloxía (Cronolab) da Universidade de Murcia, unha institución especializada na investigación do reloxo biolóxico e como as súas alteracións impactan na saúde das persoas. O Laboratorio  Cronolab forma parte da Rede de Envellecemento (RETICEF, Instituto Carlos III), unha alianza integrada por 8 hospitais do servizo público de saúde. Este experto afirma que “unha das principais causas do fracaso escolar é tamén a falta de soño dos nosos mozos”. As consecuencias dos cada vez máis habituais trastornos do sono, as recomendacións para melloralo ou os falsos mitos, son algúns dos temas que Juan Antonio Madrid repasa neste vídeo no que nos ofrece a realización dun test para medir a calidade do noso sono.

0 comentarios