Blogia
vgomez

A ORIXE DAS SEIS MARCAS MÁIS ANTIGAS DE COCHES VI (FIN)

Rematamos o percorrido pola orixe das seis marcas máis antigas e que naceron como pequenas tolemias persoais nos albores do século XX e aínda hoxe sobreviven entre os condutores convertidas en grandes compañías.

6. VAUXHALL (1857)

Vauxhall Logo (2008-Present) 2560x1440 HD png

Logo da marca / Imaxe: carlogos.org
 

No ano de 1857 un enxeñeiro escocés chamado Alexander Wilson fundou, no agora céntrico barrio londiniense de  Vauxhall, unha fábrica co mesmo nome destinada a producir motores de barco e motobombas.

Tras reorientar a empresa cara á automoción, o primeiro coche que saíu da fábrica foi o  Vauxhall 5 HP, un pequeno dúas prazas que se fixo en 1903 por encargo do propio director da marca,  Percy  Kidner. Un ano máis tarde venderíao ao doutor  Dudley  Bernhart, que o utilizou habitualmente ata 1920, permanecendo en propiedade da familia durante 108 anos ata que foi vendido en 2012 nunha poxa da galería  Bonhams.

 

 

Vauxhall 5HP

Tras ser comprada en 1925 por General Motors e compartir desde entón produción de modelos con  Opel,  Vauxhall e a súa irmá alemá foron adquiridas leste mesmo ano polo grupo francés PSA.

FONTE: Luis A. Soto/motor.elpais.com


0 comentarios