Blogia
vgomez

A APP DO CAMIÑO

A APP do camiño / Imaxe: blog.phonehouse.es


Apadriñada pola Xunta de Galicia, a aplicación oficial do Camiño de Santiago é parte do proxecto  Smart Camiño, cuxo obxectivo é conectar aos peregrinos con diversas plataformas para facilitarlles a romaría pola ruta xacobea. Permanentemente actualizada, mostra unha información moi completa dos distintos mapas, así como da rede de albergues, recursos turísticos, eventos locais, condicións climatolóxicas, centros de emerxencias e, mesmo, ofertas de aloxamentos. Descricións, imaxes, horarios, festas, concertos…, ningún peregrino poderá perderse con ela.

A innovación faise oco grazas á realidade aumentada, que permite visualizar os puntos de interese máis próximos a través da propia cámara do móbil. Ademais, tendo en conta que o camiño xacobeo sitúase en plena natureza, a maioría das súas funcións están dispoñibles sen necesidade de cobertura.

Para maior información preme AQUÍ.

Unha boa ferramenta!

FONTE: impulsodigital.elmundo.es

0 comentarios