Blogia
vgomez

CURIOSIDADES DA CHEGADA DO HOME Á LÚA

 

Onte, 21 de xullo, cumpríanse 49 anos da chegada do home á Lúa (21 de xullo de 1969 á 2:56 (hora UTC). Existen 5 curiosidades sobre esta chegada que seguro que non coñeces. Vexamos:

1. Neil Armstrong, primeiro humano en pisar a Lúa, sempre quixo outorgar protagonismo ao feito e non á persoa: “As circunstancias fixeron que cumprise ese papel”, dixo.

2. A famosa frase de Armstrong "un pequeno paso para o home, pero un gran paso para a humanidade" foi criticada, xa que o correcto sería dicir "un pequeno paso para un home". Pero unha análise das transmisións feito en 2006 revelou que Armstrong dixera ben a frase e que o fallo estaba na transmisión.

3. O presidente estadounidense Richard Nixon tiña preparado o discurso que ía pronunciar se as cousas torcíanse na lúa e os astronautas nunca regresaban.

4. Despois da chegada á Lúa floreceron todo tipo de teorías  conspiranoicas. A proba máis popular a favor da presenza de extraterrestres na lúa coñécese como a transcrición de Sam  Pepper, polo  radioaficionado que afirma que a captou, e atribúe a Armstrong e  Aldrin frases como: “Estas criaturas son xigantescas... enormes”; “Vimos uns visitantes. Estiveron aquí un intre, observando os instrumentos”; “Había outras  astronaves. Están aliñadas ao outro bordo do cráter".

5. Os  astronaturas trouxeron consigo fragmentos de roca  da Lúa. A cambio, máis de 100 obxectos deixáronse na lúa por falta de espazo no Apolo  XI. Entre eles, a famosa bandeira, unha placa conmemorativa, unha cámara, unha rama de oliva, botas e, mesmo, contedores de ouriños.

Conecíalas?

FONTE: Laura Marcos/muyinteresante.es

0 comentarios