O DINSOSAURO "MEI LONG"

Recreación artística do dinosaurio “Mei long”
A paleontoloxía trata de descifrar calquera aspecto relacionado coa vida pretérita, mediante restos denominados fósiles.
Mei long é un fósil sensacional. Trátase dun troodóntido do Cretácico Inferior atopado na provincia chinesa de Liaoning, que ao seu belo nome engade a non menos fascinante característica de mostrarnos algo que vai moito máis alá da súa anatomía ou do seu parentesco coas aves ( mèi=sono profundo e lóng=dragón).
Pero os fósiles sorpréndennos porque encerran moita máis información codificada que a da súa propia identidade. E Mei non só exhibe impudicamente todos os seus trazos corporais. Tamén conservou durante moito máis de cen millóns de anos a súa alma, o seu comportamento. Morreu anicado, nunha postura típica das aves actuais, coa cabecita escondida entre o corpo e unha das súas patas dianteiras, talvez buscando protección ante unha avalancha de cinzas volcánicas.
FONTE: Luis Alcalá/Blogosaurio/Xornal El Mundo
0 comentarios