Blogia
vgomez

FRASES: A MULLER

Obra de Christiaan Lieverse / Imaxe: blog.artintern.net

 

 O apartado FRASES adícollo hoxe á MULLER que esta presente na nai, na irmá, na compañeira... Reflexionemos:

A primeira frase é da política británica e primeira ministra do Reino Unido Margaret  Thatcher (1925-2013):

“Se queres que se diga calquera cousa, pídello a un home. Se queres que se faga algo, pídello a unha muller”

A seguNda é da executiva de publicidade americana Lois Wyse (1926-2007):

“Aos homes ensínaselles desculparse polas súas debilidades, ás mulleres polas súas capacidades”

A terceira é do biólogo, médico e científico Alexis Carrel (1873-11944):

"O papel das mulleres no progreso da civilización é moito maior que o do home, polo que debería desenvolver as súas aptitudes de acordo coa súa natureza, sen imitar aos homes"

Para rematar, unha frase do dramaturgo e poeta noruego Henrik Johan Ibsen (1828-1906):

“A nosa sociedade é masculina, e ata que non entre nela a muller non será humana”


0 comentarios