O NOVO PÓRTICO DA GLORIA
O pasado 27 de xullo abriu de novo o Pórtico da Gloria para o público. Máis dunha década foi necesaria para restaurar esta singular obra de transición entre o románico e o gótico do Mestre Mateo entre o ano 1168 e o ano 1188, porén, a conclusión do conxunto demorouse ata o ano 1211 no que se consagrou o templo.
O Pórtico está aberto nun horario ininterrompido de 8:00 da mañá a 22:00 horas, horario que se manterá ata o 20 de setembro.
No vídeo superior tes toda a información diste proceso de restauración e o resultado final.
0 comentarios