PREMIOS DRONE AWARDS 2018
Foto gañadora do Drone Awards 2018 / Imaxe: droneawards.photo
A crecente popularidade da fotografía con drons está a facer que proliferen os concursos dedicados a esta disciplina. É o caso do Drone Awards 2018, un certame que este ano celebrou a súa primeira edición e está organizado por Art Photo Travel, unha asociación cultural italiana.
"Co ceo como único límite" para este concurso, a organización afirma recibir máis de 4.400 participacións provenientes de fotógrafos de 101 países diferentes entre os que se elixiron os gañadores finais de seis categorías: Abstract, Nature, People, Sports, Urban e Wildlife.
O francés Florian Ledoux levou o título de Fotógrafo do ano coa súa foto "Above the polar bear" que vedes na parte superior.
A imaxe foi tomada durante o verán nas xeadas augas do norte de Canadá e mostra en plano cenital a un oso cruzando entre pedazos de xeo. Como xa podedes imaxinar, o fotógrafo busca denunciar os problemas que está a traer o cambio climático, un dos cales é a cada vez maior escaseza de xeo que afecta directamente os osos polares que dependen deste elemento para cazar.
Para ver o resto de fotos, das diferentes categorías, preme AQUÍ.
FONTE: Óscar Condés/xatakafoto.com
0 comentarios