COCHES DO PASADO CON NOME PROPIO
De vez en cando, nalgunha exposición, rally de coches históricos... puidecehes ver algún destes coches dos que imos falar, pero se che digo Cirila, Lola Flores ou zapatilla seguro que non sabes do que estou a falar e sigo falando de coches do século pasado, o XX.
Comezo unha serie adicada a eles. Para empezar falaremos do ovo, aínda que o seu nome real sexa BMW Isetta.
Un auténtico ovo motorizado que popularizou BMW nos anos cincuenta, aínda que en realidade naceu en Italia da man da factoría Iso Rivolta a partir dun deseño de Ermenegildo Preti. Accedíase ao interior do coche, de 2,3 metros de lonxitude, abrindo o frontal dianteiro.
O seu reducido habitáculo permitía sentar a dous adultos e un neno pequeno / Imaxe: motorpasion.com
Mañá, un novo coche!
FONTE: motor.elpais.com
0 comentarios