Blogia
vgomez

AKINATOR

Página principal de la versión web de Akinator

Páxina principal da versión web de Akinator

Neste verán púxose de moda entre os youtubers Akinator. Este xogo online non é precisamente novo. Xógase dende a súa web dende 2007. Trátase dun personaxe que asegura ler a túa mente e que che fai preguntas para que ti as respondas. Aínda que ás veces necesita máis de 20 delas, adoita acertar ao personaxe coñecido no que estás a pensar, aínda que sexa unha estrela local.

Segundo explica a páxina de Akinator no seu apartado de preguntas frecuentes, o algoritmo que fai que este personaxe ficticio teña tanta puntería coas súas adiviñacións é secreto. O que non é ningún misterio é que aprende a base de derrotas: cando non logra acertar o personaxe, solicita ao xogador que introduza o nome deste. Estes novos personaxes suxeridos teñen que ser validados por un moderador e, despois, incorpóranse á memoria de Akinator.

Para afinar no número de respostas que necesita para acertar un personaxe, Akinator permite tamén introducir novas preguntas que lle permitan acertar máis rápido. Estas poden suxerirse despois de que a máquina acerte, ou non, un personaxe.

É dicir, Akinator non adiviña nada en por si, senón que son os propios usuarios os que, partida a partida, van ampliando a súa base de datos. E, desde 2007, segundo o contador da súa web, xogáronse máis de 400 millóns de partidas.

Queres xogar?

Adiante! Preme AQUÍ.

FONTE: Verne/elpais.es

0 comentarios