Blogia
vgomez

A QUE VELOCIDADE SE MOVE A MORTE?

Muerte-celular.jpg
Morte celular / Imaxe: iStock/ecodiario.eleconomista.es

 

Hollywood sempre nos presentou á morte  personificada como unha figura escura e  tenebrosa, vestida cunha túnica negra e portando unha gadaña. A morte, no seu contexto máis natural é bastante máis pequena e menos terrorífica.

O proceso do que falamos é a autodestrución celular, unha ferramenta que posúe o corpo humano para librarnos de infeccións e dar paso a células novas. Obviamente o proceso vai deteriorando o estado do noso organismo, pero é necesario para manternos sans.

Neste contexto xorde unha pregunta: pode medirse a velocidade á que as células se  autodestrúen? Ou o que é o mesmo, pódese medir a velocidade da morte? Os biólogos de  Stanford,  Xianrui  Cheng e James  Ferrell, levan anos estudando os procesos que causan a autodestrución dunha célula e tras moitas investigacións descubriron a súa métrica.

O sinal que envía unha célula e que ordena a súa autodestrución viaxa a 30  micrómetros por minuto, sendo un  micrómetro a millonésima parte dun metro. Nunha escala máis ampla poderiamos dicir que a morte se move a uns dous milímetros por hora.

Para que as células se  autodestrúan, debe darse un estímulo concreto no organismo, que por norma xeral pode ser de dous tipos. O primeiro está relacionado co sistema inmune, e a capacidade que ten o organismo para combater enfermidades. Cando unha célula porta unha infección, prefire  autodestruirse antes de que se propague a enfermidade polo resto do corpo, aínda que isto está claro, dependerá da potencia do virus. De poder facelo, a célula enferma  implosiona e transfórmase en pequenos fragmentos que logo o organismo encárgase de limpar.

O outro contexto sucédese durante o período de xestación do feto no embarazo. Cando o feto está a formarse, as extremidades e certas partes do corpo desenvólvense lentamente e requiren a morte de millóns de células. Os dedos, por exemplo, están unidos nas primeiras fases de desenvolvemento do bebé, as células que os unen deben  autodestruírse para permitir que os dedos se separen.

FONTE: ecodiario.eleconomista.es

0 comentarios