Blogia
vgomez

CAMPISÁBALOS: O POBO CO AIRE MÁIS LIMPO DE ESPAÑA

 

A Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala a Campisábalos, na Serra Norte de Guadalaxara (Castela-A Mancha) como o pobo co aire máis limpo de España e o terceiro do mundo. Só lle superan Muonio, en Finlandia, e Norman  Wells, en Canadá.

A contaminación atmosférica é o resultado da acumulación no aire de substancias que resultan prexudiciais para a saúde e que foron xeradas pola acción do home. As partículas máis daniñas son as de 2,5  micrones de diámetro (PM2,5) e as de 10 (PM10), que poden penetrar no interior profundo dos pulmóns e provocar graves enfermidades pulmonares. A OMS establece que as partículas de tipo  PM2,5 non deben superar os 10  microgramos por metro cúbico de media anual e as de tipo  PM10, os 20 para non supoñer un risco para a saúde. Mentres que en grandes cidades como Madrid estes valores pásanse repetidamente, en Campisábalos, as medias anuais son de 5 e 6  microgramos, respectivamente.

A calidade do aire deste pobo situado nunha extensa meseta débese á conxunción de tres factores: a falta de industria na súa contorna, a altitude á que se atopa (1.365 metros) e a forza dos seus ventos. “Os ventos dominantes aquí son do noroeste. 

Aínda que hai censados 65 veciños, no inverno non residen en  Campisábalos máis de 20, unha cifra que á súa vez se multiplica por 100 en época estival.

FONTE: Ana Mª Nimo/fururosostible/elmundo.es

0 comentarios