Blogia
vgomez

COCHES DO PASADO CON NOME PROPIO XII (FIN)

Continuando coa serie aos coches do século pasado con un nome propio peculair, hoxe falaremos do Cu Gordo.


 

O Cu Gordo é en realidade o Renault Super 5 Turbo, que foi fabricado entre os anos 1980 e 1986. Ao contrario que o  R5 normal, con tracción e motor dianteiros, montaba un motor central con tracción traseira. De aí as saídas de aire traseiras, de aí o sobrenome.

Concibiuse como un automóbil de carreiras e homologouse na categoría de grupo 4 inicialmente e posteriormente como grupo  B,​ categoría última que dominou as tempadas 1983 e 1986 do Campionato do Mundo de Rally.

O  R5 Turbo dispoñía dun motor Cléon-Fonte 1.397 cc con turbo montado no centro do coche a efectos de distribución de peso. Contaba con tracción traseira e desenvolvía unha potencia de 160 CV, cunha caixa de cambios de cinco velocidades que alcanzaba unha velocidade punta de 218 km/ h e unha aceleración de 0 a 100 en 7,7 s facéndoo diferente respecto ao  R5 convencional no seu aspecto externo cuns pasos de roda moi anchos (60 cm engadidos) que ademais de xerarlle un aspecto agresivo, permitíalle  insuflar máis aire ao motor. O seu baixo peso debíase ao habitáculo sinxelo e coas portas,  capó e cola fabricado en aluminio. Para competir en rally dispúxoselle dunha suspensión dura, grandes freos de disco e pneumáticos moi inflados. O seu éxito en  rallies debíase á súa facilidade de manexo, o seu bo agarre e ao motor de grandes prestacións. Pola contra, no seu interior era moi ruidoso o que incomodaba aos seus ocupantes.

Seguro que quedan moitos máis coches con nomes propios peculiares, pero serán motivo doutra serie futura.

FONTE: motor.elpais.com e wikipedia

0 comentarios