Blogia
vgomez

CREAR MÚSICA PERSONALIZADA E LIBRE DE DEREITOS

 

A Bernard Herrmann debémoslle algunhas das mellores músicas da historia do cinema. Colaborador de grandes cineastas como Alfred Hitchcock, François Truffaut ou Martin Scorsese, o compositor neoiorquino caracterizouse sempre polas súas ideas arriscadas e o seu gusto pola experimentación. El foi, por exemplo, o creador dos  terroríficos acordes de violíns, violas e violoncelos que soaban en Psicose, ou da moi inquietante partitura dos paxaros, para a que contou co pioneiro da música electrónica Oskar Sala e a súa  trautonio, un peculiar instrumento que xeraba o son a partir de lámpadas de  neón.  Herrmann morreu en 1975, cando a intelixencia artificial estaba apenas en cueiros e non era un termo utilizado con frecuencia. Pero sen dúbida que lle gustaría contar coas ferramentas que a tecnoloxía actual pon ao servizo dos creadores. Quen sabe se mesmo se arriscou a crear algunhas das súas composicións utilizando a  plataformar que desenvolveu Jukedeck, empresa británica  pìonera na utilización da intelixencia artificial na música fundada por Ed Newton-Rex e Patrick  Stobbs.

Jukedeck permite crear bandas sonoras personalizadas e libres de dereitos para proxectos audiovisuais como películas ou videoxogos. A súa plataforma  online ofrece pistas  editables en varios estilos que poden modificarse na súa duración ou tempo para axustarse ás necesidades do usuario. Marco Selvi, graduado en computación científica e física pola universidade de Cambridge (ademais de violinista diplomado polo conservatorio de Pavía en Italia), é o responsable de aprendizaxe automática na compañía británica. A súa experiencia como investigador en intelixencia artificial e tamén como músico permítenlle entender en profundidade a composición musical, para adestrar redes neuronais e aplicar estes coñecementos en ferramentas que axuden á creatividade.  Selvi cre que esta forma de composición na que as máquinas teñen un papel importante será cada vez máis común no futuro, aínda que siga manténdose o factor humano. No propio blog de Jukedeck expresan a súa confianza nesta idea, ao asegurar que “a intelixencia artificial é máis poderosa cando se utiliza como unha ferramenta para complementar a creatividade humana”.

O mellor das composicións xeradas con Jukedeck é que non poden diferenciarse das que escribiría un músico humano en solitario. Así o puideron comprobar as 3.000 fans que asistiron o pasado mes de febreiro a un concerto en Seúl ofrecido por algúns dos grupos máis destacados en K-pop. Este fenómeno musical está aos poucos transcendendo as fronteiras do país asiático para conquistar todo o planeta, e a colaboración entre formacións como Spica ou Highteen con Jukedeck demostra a potencia da ferramenta. Un artigo publicado no diario Evening Standard resumíao afirmando que “a tecnoloxía le música e aprende que notas, acordes e combinacións funcionan para xerar boas cancións”. Talvez non tan boas como as de Bernard Herrmann… aínda.

FONTE: José Luis Álvarez/elpais.es

0 comentarios