Blogia
vgomez

ILUSIÓN ÓPTICA: O QUE VES DEPENDE DA TÚA IDADE

 

Que ves na imaxe superior, unha muller nova ou unha señora maior?

Esta popular ilustración, foi creada polo debuxante inglés W. E. Hill e publicada no ano 1915 baixo o título "A miña muller e a miña sogra".

Tras observar a ilustración durante un par de segundos, a dúbida que xorde é se se trata dunha muller nova ou dunha anciá.

Podemos observar, por unha banda, unha muller nova cun chapeu que mira cara ao seu lado dereito. A outra opción é contemplar unha señora de pelo rizado, cun pano na cabeza e nariz e  mentón  puntiagudos.

Pero a particularidade desta ilusión óptica reside en que un recente estudo da revista Scientific Reports achegou un dato importante que condiciona as nosas respostas: a idade.

Cunha mostra de 400 participantes, con idades comprendidas entre os 18 e os 68 anos, mostráronlle a ilustración para coñecer a súa resposta.

Os resultados do estudo indicaron que os participantes tendían a ver á muller cuxa idade era máis próxima a eles. Os máis novos dixeron ver á muller máis nova primeiro, mentres que as persoas de maior idade identificaron á anciá á primeira.

A explicación ten que ver coa psicoloxía e os rumbos. Segundo os autores, "os resultados demostran que os procesos de grupos sociais de alto nivel teñen un efecto subconsciente nas primeiras etapas do procesamento facial".

O feito de que os mozos identifiquen á muller nova máis rápido e os maiores, á anciá, relaciónase coas prácticas sociais e culturais que son menos inclusivas cara aos anciáns, polo menos no mundo occidental. Probablemente, noutras culturas como a de Xapón, onde os anciáns están máis integrados na vida estes rumbos da percepción non existan.

FONTE: laregion.es/virales

0 comentarios