O LUGAR DA TERRA ONDE XURDIRON OS PRIMEIROS PEIXES
Un peixe blindado de hai 455 millóns de anos, nas aguas do que hoxe é Colorado (EE.UU.) / N. Tamura/abc.es
Probablemente tivemos esta experiencia nun día de praia: penetrarse un pouco na beira, coa auga máis ou menos á altura do xeonllo, e ver con curiosidade como uns pequenos peixes nadan ao redor. Se puidésemos remontarnos uns 420 millóns de anos atrás a outra paisaxe de litoral, a escena, loxicamente sen nós nela, sería parecida e, posiblemente, moito máis rica (e estraña). Aí mesmo, preto da costa, é onde xurdiron os primeiros peixes, os primeiros vertebrados, que logo foron diversificándose ata dar lugar ás numerosas especies con espiña dorsal, incluída a nosa, que hoxe poboan a Terra. Así o afirma un equipo internacional de investigadores nun interesante estudo publicado recentemente na revista Science.
Os científicos cren que os primeiros peixes apareceron hai uns 480 millóns de anos, pero non foi ata 60 millóns de anos despois que o rexistro fósil floreceu, cunha gran variedade de especies presentes en masa. Onde ocorreu ese salto fundamental na evolución é algo que sempre intrigou aos investigadores, quen apostaba comunmente polos fértiles e bulliciosos arrecifes de coral, tan importantes para a vida hoxe en día. Con todo, tras examinar 2.700 fósiles de peixes primitivos en todo o mundo, o equipo das universidades de Birmingham, Pensilvania, Michigan e Manchester identificou claramente o hábitat onde os peixes primitivos e sen mandíbulas fixeron a súa aparición temperá. Sen dúbida, todo empezou moi preto da praia.
Segundo os investigadores, as diferentes especies adaptáronse para sobrevivir nese hábitat compartido. Aqueles peixes que desenvolveron formas corporais máis flexibles desprazáronse despois dende a beira cara a augas máis profundas. Algúns grupos trasladáronse á auga doce, mentres que outros evolucionaron a vertebrados terrestres primitivos. Os peixes ríxidos con «blindaxes» máis pesadas terían unha capacidade de natación limitada e non poderían dispersarse a augas máis profundas.
Unha das razóns polas que estes fósiles foron difíciles de estudar é precisamente pola área na que se atopan, pola acción das ondas na área oceánica pouca profunda, converténdoos en pequenos fragmentos.
O traballo destaca a importancia destas áreas próximas á costa, cada vez máis vulnerables, para a evolución das especies. Neste sentido, os investigadores advirten de que as ameazas modernas como o cambio climático, a elevación do nivel do mar, a pesca excesiva e a contaminación poderían ter «efectos extremadamente daniños» no futuro desenvolvemento das especies. Na outra cara da moeda, sinalan que podería haber algún pequeno consolo ante as mortes masivas de arrecifes en todo o mundo. Talvez as augas pouco profundas continuarán sendo o berce da diversificación dos peixes, permitindo que a biodiversidade persista a pesar da escaseza dos arrecifes.
FONTE: Judith de Jorge/abc.es/ciencia
0 comentarios