CONCENTRACIÓN E APRENDIZAXE
Considerado como un dos psicólogos máis influentes dos últimos tempos, Daniel Goleman irrompeu no panorama internacional como autor do bestseller “Intelixencia Emocional”, traducido hoxe a case 40 idiomas e cunha ampla repercusión en campos como a psicoloxía educativa, a educación e o desenvolvemento persoal. Daniel Goleman foi profesor de psicoloxía na Universidade de Harvard e editor da revista Psychology Today. Na súa faceta como xornalista destacan o seu traballos especializados en ciencia do comportamento para The New York Times e dous nomeamentos ao Premio Pulitzer. Goleman sinala que deberiamos ensinar a todos os nenos e nenas a practicar e desenvolver a intelixencia emocional. Apoiado nas últimas investigacións neurocientíficas, o psicólogo destaca a importancia fundamental que xoga hoxe a capacidade de atención, xa sexa como unha forma de autocontrol, para mellorar a empatía cos demais ou a comprensión do mundo que nos rodea, así como os beneficios do seu adestramento: "A práctica da atención é como un músculo. Se non o utilizamos debilítase; se o exercitamos, fortalécese", afirma. “O control cognitivo e a concentración poden ser máis decisivos para a vida dun neno que o seu coeficiente intelectual”, conclúe.
0 comentarios