INVENTOS ESPAÑOIS QUE FIXERON FITO X
Continuo coa serie adicada aos inventos españois que marcaron un fito na innovación e o coñecemento en ámbitos como a ciencia, a medicina, a aviación ou resolvendo problemas da vida cotía.
10. O TALGO
Primer tren experimental talgo I / Imaxe:aecientificos.es
O Tren Articulado Lixeiro Goicoechea Oriol, máis coñecido como Talgo, foi unha auténtica revolución no mundo do ferrocarril. Inventado en 1942 por Alejandro Goicoechea (Vizcaya, 1895 - Madrid, 1984) e impulsado por José Luis Oriol, alcanzou fama internacional durante os anos 60.
O seu maior avance supuxo un sistema de rodaxe completamente diferente ao dos trens convencionais, que permitía lograr unha maior velocidade coa mesma potencia.
Como curiosidade o prototipo Talgo I acadou en 1942 os 115 km/h entre Madrid e Guadalaxara.
A súa evolución foi moi imprtante ao longo do tempo co Talgo II e sucesivos ata chegar ao Talgo AVE actual.
Mañá o último invento!
FONTE: aecientificos.es e wikipedia
0 comentarios