Blogia
vgomez

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

 

É o momento de loitar contra a violencia de xénero. E os alumnos do IES María Soliño de Cangas están convencidos. "Ármate  muller, armémonos. Por ti, por  min e por todas  as  nosas  irmás.  As que  xa  non están e  as que  virán. É ou momento.  Xuntas e  xuntos se podemos  cambialo" é un das mensaxes que lanza o curto "É o momento", realizado por tres alumnos de Bacharelato do centro de estudos cangués e que foi premiado pola Xunta de Galicia.

Tres dominicanas: Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, foron asasinadas o 25 de novembro de 1960 por orde do ditador Rafael Leónidas Trujillo, do que eran opositoras. En 1999, a ONU declarou cada 25 de novembro Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, en honra ás irmás  Mirabal.

Xuntos e xuntas podemos cambialo!

0 comentarios