Blogia
vgomez

ERES CREATIVO, CRÉALO OU NON

 

Durante 30 anos  Duncan Wardle traballou para unha das compañías máis creativas do mundo:  Walt Disney. Para el, todas as persoas nacemos sendo creativas. O problema é que, nalgún momento, alguén nos dixo que non o eramos. E creémolo. Wardle insiste na importancia de conectar de novo co neno/a que fomos, e recuperar a creatividade en todos os ámbitos da nosa vida. “Cando estamos a tratar de desenvolver grandes ideas, debemos xogar”, afirma. Como experto en creatividade e innovación explica que, en poucos anos, o desenvolvemento da Intelixencia Artificial fará que desaparezan moitas das profesións que existen hoxe en día. “Moi pronto, habilidades como a intuición, a creatividade, a imaxinación ou a curiosidade serán as que nos permitan adaptarnos á Era da Intelixencia Artificial”. Porque son as que realmente nos diferencian como seres humanos. Para  Duncan  Wardle, “Todos fomos nenos. Todos chegamos ao sistema educativo cunha marabillosa imaxinación. Criamos en unicornios e naves espaciais”. E explica que, ao chegar ao mundo adulto, iso lamentablemente desaparece. “Ese é un dos retos actuais do mundo educativo: manter vivo a ese unicornio”, conclúe.

Na actualidade,  Duncan  Wardle é consultor independente de Innovación e ‘Design  Thinking’. Baseándose na súa experiencia, axuda a introducir a cultura da creatividade nas empresas. Algo que considera aplicable tamén ao mundo da educación.

0 comentarios