Blogia
vgomez

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DA TORTA

Problema-solución / Imaxe: marketingdirecto.com/

Lembrades a pregunta do problema? Cal é o maior número de anacos que se poden conseguir con sete cortes rectos? Podes deducir unha regra xeral?

Resolvéstelo? Imos ver a solución:

Con cada corte engádense tantos anacos como o número de corte porque a última sección pode cortar como máximo unha vez a cada unha das liñas anteriores. Así, co segundo corte súmanse dous, co terceiro corte súmanse tres, co cuarto corte súmanse catro e así sucesivamente.

Con sete cortes, o número total de anacos é:

1 + 1 + 2 + 3 + 4 + 5 + 6 + 7 = 29

A fórmula xeral, con n cortes, é:

1+ n(n+1)2

FONTE: zientzia-astea.org/es

0 comentarios