Blogia
vgomez

COP24 OU CUME DO CLIMA

Lodo do COP24 / Imaxe: palaneta.com

Hai tan só 14 días, a Organización das Nacións Unidas (ONU) anunciou un novo récord nos niveis de gases de efecto invernadoiro na atmosfera. A concentración de dióxido de carbono (CO2) rexistrada en 2017 foi de 405,5 partes por millón. O noso planeta só estivo exposto a unha cifra similar fai entre tres e cinco millóns de anos. O planeta enfróntase ao reto de que a humanidade reduza os niveis de emisións. 192 países ratificaron o chamado Protocolo de Kioto para conseguilo. En Europa reúnense, dende onte, máis de 3.000 persoas de 197 Estados Membros. É a Conferencia das Partes (COP24), a tamén chamada Cume do Clima, que se celebra dende o pasado luns, día 3, ao 14 de decembro en  Katowice (Polonia). A súa misión, chegar a acordos, intercambiar ideas e poñer en práctica as propostas definitivas que diminúan o quecemento global.

Os antecedentes da  COP24 remóntanse ao Cume da Terra celebrada en Río de Xaneiro (Brasil) en 1992 e o posterior Convenio Marco da ONU que entrou en vigor en 1994. Este foi o xerme do Protocolo de Kioto establecido en 1997 para reducir as emisións dos gases de efecto invernadoiro responsables do quecemento global. O primeiro convenio vinculante para esta proposta foi o Acordo de Paris asinado en 2015, que establece unha serie de medidas a aplicar en 2020, cando acabe a vixencia do Protocolo de Kioto. Cada ano celébrase unha conferencia das partes (COP), que chega á súa edición número 24 en Polonia, tras a anterior  COP23 de 2017 que tivo lugar en  Bonn (Alemaña).

A meta destas alianzas é conseguir que o aumento da temperatura global non supere máis de 2 graos centígrados a temperatura que a Terra tiña antes da industrialización. Dadas as últimas investigacións sobre o quecemento global e as súas consecuencias, existe ademais un obxectivo máis estrito que os expertos fixan en 1,5 graos centígrados. Cada país comprometeuse a non superar unhas cotas de emisións distintas e que dependen do seu grao de desenvolvemento, aínda que existen tamén acordos de normas conxuntas, como as que dita a Comisión Europea.

Veremos a que conclusión reais chegan, e que non queden só en recomendacións!

FONTE: Mar de Miguel/elmundo.es

0 comentarios