Blogia
vgomez

9ª EDICIÓN PREMIOS ILLUSTRACIENCIA

A pantera de Madagascar, obra de David Rojas Márquez, dobremente premiada nesta edición.

Acaban de darse a coñecer as obras galardoadas na novena edición do Premio Internacional de Ilustración Científica e Naturalista Illustraciencia, entre as máis de 400 obras presentadas.

Na imaxe superior tedes a obra galardoada na categoría de ilustración científica, que tamén recibiu o premio do público, elixido por votación popular. Trátase de A pantera de Madagascar, do arxentino David Rojas Márquez.

Illustraciencia é unha iniciativa creada en 2009 polo deseñador gráfico Miquel Baidal Crespo co obxectivo de visibilizar e poñer en valor a ilustración científica como medio de transmitir os descubrimentos científicos tanto entre quen investiga como entre o público xeral e as propias persoas que se dedican á ilustración científica. O proxecto está coordinado polo Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid (MNCN-CSIC) e a Asociación Catalá de Comunicación Científica (ACCC) e conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT–Ministerio de Ciencia e Innovación).

Se queres coñecer o resto de obras finalistas preme AQUÍ.

FONTE: gciencia.com e illustraciencia.info

0 comentarios