Blogia
vgomez

BLUE SCHOOL

 

Matt  Goldman é internacionalmente coñecido por ser un dos tres integrantes, e cofundador, da compañía teatral neoiorquina ‘Blue  Man  Group’. Desde a súa creación nos anos 80, os seus espectáculos foron vistos por máis de 35 millóns de persoas en todo o mundo. A través da iluminación, a percusión e as ‘performance’ innovadoras; os membros de ‘Blue  Man  Group’ tratan con frecuencia temas  satíricos e de crítica social. “Como artistas sentiamos que, culturalmente, faltaba algo nas escolas”, explica  Goldman. Preocupados polo devir da sociedade, a cultura e a educación, no ano 2006 os ‘Blue  Men’ fundaron a escola ‘Blue  School’, en Nova York: “Démonos conta de que moitos aspectos de ‘Blue  Man  Group’, como a conciencia social, a colaboración e o enfoque investigador, podían encaixar á perfección no ambiente dunha escola”, afirma. Cunha perspectiva innovadora, estes tres artistas emprenderon un proxecto de transformación educativa baseado na creatividade, a  neurociencia, a docencia colaborativa e o protagonismo do alumno: “O noso modelo integra o pensamento creativo, a intelixencia propia e colectiva, e a ‘Teoría do dominio da aprendizaxe’, do pedagogo estadounidense Benjamin S. Bloom”. E engade: “Estes valores están presentes en todo momento na experiencia educativa que queremos que sexa a nosa escola”.

0 comentarios