15 COUSAS DE CIENCIA QUE NON SABIAMOS CANDO EMPEZOU 2018
1. Xa sabiamos que as árbores absorben dióxido de carbono. Un novo estudo detalla canto: unha soa árbore do Amazonas pode absorber 22 quilos de dióxido de carbono. Nos últimos 30 anos, a selva amazónica compensou as emisións de todos os países de Sudamérica nos que está presente, coa excepción de Venezuela.
2. As plantas son moi sensibles a que as toquen, segundo un estudo recente que apunta que esta sensibilidade aféctalles negativamente, polo que non sería moi boa idea acariñalas.
3. O número primo máis longo coñecido ten 23 millóns de cifras.
4. Hai un lago de auga baixa o xeo de Marte. Está no polo sur do planeta e ten uns 20 quilómetros de longo.
5. Segundo novas investigacións da NASA, Saturno está a perder os seus aneis á velocidade máis rápida estimada ata agora. A gravidade está a atraer os aneis en forma de choiva de partículas de xeo baixo a influencia do campo magnético do planeta. De acordo cos novos datos, os aneis desaparecerán dentro de 100 millóns de anos e non 300 millóns de anos.
6. Acháronse os chamados puntos de Hawking, anomalías na radiación de fondo do Big Bang que poderían ser indicios de que existiron outros universos antes do noso, seguindo a teoría da cosmogonía cíclica de Roger Penrose.
7. Este é o aspecto da Vía Láctea, segundo o mapa máis detallado ata o momento, publicado en abril.
8. O quilogramo xa non se define de acordo a un obxecto físico (que pode perder pequenas cantidades de material cando se limpa) senón a un valor derivado dunha constante da natureza, a constante de Plank.
9. Os primeiros británicos tiñan o pelo rizado, os ollos azuis e eran negros.
10. A secuencia xenética dunha adolescente que viviu hai máis de 50.000 anos en Siberia demostrou que houbo cruces entre especies humanas distintas. Neste caso, a muller era filla dunha neandertal e dun denisovano. Xa se sabía que había descendencia mixta, pero nunca se atopou ao fillo dunha destas parellas.
11. Temos un órgano chamado intersticio que pasara desapercibido ao estar formado por cavidades que non se poden observar no laboratorio. Ao cubrir moitos outros órganos, podería actuar como un amortiguador para evitar que se desgarren os tecidos polo movemento dos músculos.
12. A estrela máis afastada xamais observada está a 9.000 millóns de anos luz da Terra. Ata agora, a estrela máis afastada descuberta estaba a 55 millóns de anos luz. Para chegar a ela deberiamos viaxar 14.400 millóns de anos á velocidade da luz, debido á expansión do universo. Unha viaxe inútil porque esta estrela explotou xa fai moitos millóns de anos e o máis probable é que no seu lugar haxa un buraco negro.
13. Hai un planeta anano de apenas 300 quilómetros de diámetro nos confíns do Sistema Solar. Crese que podería haber miles similares. Este en concreto é importante porque as peculiaridades da súa órbita apoian a existencia doutro planeta moito maior, cun tamaño 10 veces o da Terra, situado moito máis alá de Plutón.
14. O obxecto interestelar Oumuamua que chegou en outubro de 2017 ao noso Sistema Solar é un cometa pequeno e moi brillante, segundo unha investigación publicada en xuño.
15. Describiuse un novo obxecto xeométrico este ano, o escutoide. É a forma na que se agrupan algunhas células do noso corpo. A palabra tamén ten a súa historia.
FONTE: Jaime Rubio Hancock/verne/elpais.com
0 comentarios