Blogia
vgomez

PALABRA DO ESPAÑOL DO ANO 2018: MICROPLÁSTICOS

 

A Fundación do Español Urxente (Fundéu), promovida por Axencia Efe e BBVA, deu a coñecer a súa palabra do ano 2018, escollida entre aqueles termos que estiveron presentes en maior ou menor medida na actualidade informativa durante os últimos meses e que teñen, ademais, interese desde o punto de vista lingüístico: microplásticos.

Os microplásticos son pequenos fragmentos de plástico (menores de cinco milímetros) que ou ben se fabricaron xa con ese tamaño para ser empregados en produtos de limpeza e hixiene, ou ben se han  fragmentado dun plástico maior (bolsas da compra, envases de todo tipo…) durante o seu proceso de descomposición.

A súa presenza na area das praias, nos organismos dos animais, no sal mariño que consumimos e ata na auga que bebemos fixo saltar as alarmas e obrigou a poñer en marcha medidas para reducir o consumo dos plásticos dun só uso, responsables en boa parte do problema.

Dende o punto de vista lingüístico, aínda que non aparece aínda na maioría dos dicionarios de español, está ben formado a partir do elemento  compositivo micro- e o substantivo plástico.

FONTE: fundeu.es

0 comentarios