Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CINE VIII

A contestación correcta á pregunta do día anterior é O que o vento levou. Esta película foi estreada en 1939 e a frase pronunciada por Vivien Leigh como Escarlet Ou’Hara converteuse nunha das máis famosas da historia do cinema. A película recibiu 10 premios Óscar e o seu orzamento foi algo inusitado para a época: 4,25 millóns de dólares. De calquera forma, recadou máis de 400 millóns de dólares...

E imos coa proposta de hoxe:

8. Se falamos da película de zombis por excelencia dirías que é...

- Re-animator

- Braindead

- 28 días despois

- A noite dos mortos viventes

Mañá a solución!

FONTE: Idea orixinal de muyinteresante.es/cine/cultura/curiosidades

0 comentarios