Blogia
vgomez

SOBRE A FORMA DE ULTIMA THULE

Aspecto de Ultima Thule / Imaxe: NASA/EL MUNDO GRÁFICOS

As primeiras imaxes que a sonda espacial New Horizons tomou o pasado 1 de xaneiro de Ultima Thule, o mundo máis afastado que foi estudado por unha nave, mostraban un estraño corpo rochoso composto por dous partes esféricas cuxa forma lembraba a un boneco de neve. Cinco semanas despois daquel histórico achegamento, a NASA revelou a súa verdadeira morfoloxía, que é bastante distinta ao que os seus científicos pensaron cando analizaron as primeiras fotos que lles chegaron.

Aínda que estaban no certo ao afirmar que Ultima Thule está composto por dous corpos ou  lóbulos, estes non teñen forma esférica e ademais, a súa forma é bastante máis plana do que deduciron observando as primeiras imaxes. Seguindo coas comparacións, no canto dun boneco de neve, ao investigador principal da misión New Horizons, Alan  Stern, parécelle máis acertado comparar ao máis plano dos  lóbulos (alcumado Ultima) cunha  tortiña xigante e ao outro (Thule) cunha noz. Tamén hai a quen agora Ultima Thule lémbralle a unha galleta de xengibre, eses doces anglosaxóns con forma de boneco plano.

A partir dunha decena das imaxes que a nave tomou 10 minutos despois de alcanzar o seu punto máis próximo a este mundo en miniatura e, mentres viaxaba a unha velocidade de 50.000 quilómetros por hora, a NASA elaborou unha secuencia na que se aprecia mellor a forma do corpo celeste.

Ultima Thule, ou como se denomina oficialmente, 2014 MU69, é un dos moitos obxectos situados no afastado e por tanto pouco coñecido cinto de Kuiper, unha rexión na que se atopan tamén Plutón e outros planetas ananos como Haumea e Makemake.

FONTE: Teresa Guerrero/elmundo.es/ciencia

0 comentarios