Blogia
vgomez

COMO UN PROFESOR PODE CAMBIAR A VIDA DUN NENO

 

Realizou a súa primeira composición con tan só nove anos. Hoxe, o octoxenari  Benjamin Zander, está considerado un dos directores de orquestra máis prestixiosos do mundo e o maior especialista na obra de Gustav Mahler. Foi discípulo de Benjamin Britten, Imogen Holst e do violonchelista español Gaspar Cassadó. Aínda que  Zander converteuse nun mestre con identidade propia, convencido de que “a música trata sobre o amor, sobre a expresión, sobre a liberdade, sobre a alegría”. Por iso antes de elevar a súa batuta, antes de cada concerto, dá unha charla á audiencia na que comparte as historias que se esconden detrás das composicións e nas que, ademais, transmite o seu amor pola música. “A música clásica eleva ao ser humano para ser a mellor versión de si mesmo”, asegura. 

Actualmente dirixe a Orquestra Filarmónica de Boston e a súa filial xuvenil. Músicos aos que inculca a súa pedagoxía: “A técnica non é o obxectivo final, o obxectivo final é o amor, é a expresión, a comunicación, o contacto, a comunidade”. O músico inglés é tamén autor de varios libros entre os que destaca a superventas ‘A arte do posible’.
Cal sería a última peza que lle gustaría dirixir? Na resposta de Benjamin Zander resúmese a súa paixón como unha actitude ante a vida: "A ‘Novena Sinfonía de Mahler’, porque é unha despedida que expresa a gratitude por estar vivo”.

0 comentarios